Tuesday, November 19, 2019

Maple Syroup

Unha das saídas programadas foi á Sucrerie de la Montagne. É unha pequena empresa familiar adicada á fabricación de xeito tradicional do famoso Maple Syroup. Este riquísimo sirope obtense dos arces que tanto abundan por aquí. Durante un corto período na primavera, os troncos soltan un líquido debido aos bruscos cambios de temperatura entre o día e a noite. Ese líquido é exposto a altas temperturas (semellante a destilación) ata que se condensa neste manxar para lambeteiros.






No comments:

Post a Comment