Tuesday, November 19, 2019
Maple Syroup
Unha das saídas programadas foi á Sucrerie de la Montagne. É unha pequena empresa familiar adicada á fabricación de xeito tradicional do famoso Maple Syroup. Este riquísimo sirope obtense dos arces que tanto abundan por aquí. Durante un corto período na primavera, os troncos soltan un líquido debido aos bruscos cambios de temperatura entre o día e a noite. Ese líquido é exposto a altas temperturas (semellante a destilación) ata que se condensa neste manxar para lambeteiros.
Monday, November 18, 2019
Thursday, November 7, 2019
Go Senators!
É o nome do equipo de Hockey sobre xeo de Ottawa. A familia que me acolle son fans deste deporte. Algúns xogan, outros arbitran, ... As súas netas Elisa e Cassidy son moi novas e xogan coma profesionais. Fun ver varios partidos. Aquí as imaxes de cando me levaron ver aos Senators. No estadio parece que esteas nunha festa.
Wednesday, November 6, 2019
Concerto no Cole
Hoxe actuei para todo o cole. O mini concerto era unha sorpresa e foi no espazo común, onde se xuntan para actividades de centro. Acompañoume John Carroll. Guitarrista, cantante e compositor e tamén pai de dous alumnos. Aquí deixo un vídeo da nosa actuación e doutro de John tocando a "slide guitar", un instrumento que me parece incríbel:
Tuesday, November 5, 2019
Gatineau
Este país é famoso pola innumerable cantidade de zonas naturais, parques protexidos e de paisaxes dunha enorme beleza. A tan só 20 min. do centro de Ottawa nun bus gratuíto podemos contemplar as fermosas vistas do parque Gatineau e visitar a residencia de retiro de William Lyon Mackenzie King
Monday, November 4, 2019
Cross Country & Terry Fox
No cole teñen un club de Cross Country (campo a través). Unha vez ao ano ten lugar en Canadá o día de Terry Fox no que, cunha carreira, recaudan fondos para a investigación do cancro. Se queres coñecer a emotiva historia de Terry clica aquí. A páxina da fundación e esta: https://terryfox.org/
O pasado martes fun cos nenos deste clube s a unha carreira na que participaban sobre 20 coles:
O pasado martes fun cos nenos deste clube s a unha carreira na que participaban sobre 20 coles:
Subscribe to:
Posts (Atom)