Tuesday, October 29, 2019

STEAM

Todas as aulas do centro pasan pola aula/laboratorio de STEAM un período á semana. Nesta aula traballan á vez ciencias, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas. Os máis pequechos inventaron,deseñaron e construíron instrumentos musicais usando materias de reciclaxe:







First Nations

A historia de Canadá está chea de erros como a de calquer outro lugar. O que si é certo é que se esforzan en non repetilos. Na aula de 5 e 6 están elaborando un proxecto sobre os pobos nativos de Canadá para tomar conciencia sobre o que sucedeu no pasado. Verei como vai. Aquí un pequeno vídeo sobre os indíxenas de Canadá.



Monday, October 28, 2019

Nova escola!

O centro no que vou estar durante estas semanas chámase Lady Evelyn Alternative School. Ten 3 plantas e en cada unha hai un hall dende o que se accede ás aulas, que son exteriores. Dispón dun ximnasio, patio exterior, biblioteca, laboratorio, ... Podes clicar aquí para saber máis desta escola.

Wednesday, October 23, 2019

Orientación

Nos primeiros días tivemos unhas xornadas nas que Kari e Constantine (dous profes canadienses) explicáronnos aspectos xerais de Cánada e do seu sistema educativo. Aquí deixo un enlace para entender como funcionan os coles aquí. Clica na imaxe:
 Nun pequeno 'break' americano non poden faltar ... DONUTS!
 E ao final puxéronnos a proba con Kahoot;


Tuesday, October 22, 2019

Chegando ...

Ottawa é a capital de Canadá. A cidade cos arredores apenas chega aos 2 millóns de habitantes. A simple vista vexo que é unha cidade moi verde, moi plana e con moitos lugares a visitar. Aquí vos deixo un enlace para saber máis cousas desta urbe. Clica na imaxe para entrar.