Wednesday, December 4, 2019

Montreal

Visitar Montreal é como voltar a Europa por momentos. No estado de Quebec fálase francés, teñen a súa propia Notre-Dame e podemos degustar comidas típicas francesas. A visita ao Museo de Belas Artes é obrigada. Dende alí pódense ver varios graffitis na rúa entre o que destaca o de Leonard Cohen, orixinario desta cidade. 
Sede dun dos mellores festivais de jazz do mundo, esta cidade rezuma arte por calquer esquina. Música en directo, exposicións, locales con artistas plásticos creando, ... 





 Ademáis tamén poderemos camiñar por rúas "cubertas" durante máis de 30km sen saír á rúa.





Tuesday, November 19, 2019

Maple Syroup

Unha das saídas programadas foi á Sucrerie de la Montagne. É unha pequena empresa familiar adicada á fabricación de xeito tradicional do famoso Maple Syroup. Este riquísimo sirope obtense dos arces que tanto abundan por aquí. Durante un corto período na primavera, os troncos soltan un líquido debido aos bruscos cambios de temperatura entre o día e a noite. Ese líquido é exposto a altas temperturas (semellante a destilación) ata que se condensa neste manxar para lambeteiros.






Monday, November 18, 2019

Toronto

Esta é a cidade máis poboada do país a pesar de non ser a capital. Sede dos RAPTORS Ademáis do AGO (museo de arte de Ontario) é unha cidade con barrios de diferentes nacionalidades, multicultural e con edificios de modernos deseños. Aquí un vídeo da impresionante CN Tower.

Thursday, November 7, 2019

Go Senators!



É o nome do equipo de Hockey sobre xeo de Ottawa. A familia que me acolle son fans deste deporte. Algúns xogan, outros arbitran, ... As súas netas Elisa e Cassidy son moi novas e xogan coma profesionais. Fun ver varios partidos. Aquí as imaxes de cando me levaron ver aos Senators. No estadio parece que esteas nunha festa.




Wednesday, November 6, 2019

Concerto no Cole

Hoxe actuei para todo o cole. O mini concerto era unha sorpresa e foi no espazo común, onde se xuntan para actividades de centro. Acompañoume John Carroll. Guitarrista, cantante e compositor e tamén pai de dous alumnos. Aquí deixo un vídeo da nosa actuación e doutro de John tocando a "slide guitar", un instrumento que me parece incríbel:

Tuesday, November 5, 2019

Gatineau

Este país é famoso pola innumerable cantidade de zonas naturais, parques protexidos e de paisaxes dunha enorme beleza. A tan só 20 min. do centro de Ottawa nun bus gratuíto podemos contemplar as fermosas vistas do parque Gatineau e visitar a residencia de retiro de William Lyon Mackenzie King   





Monday, November 4, 2019

Cross Country & Terry Fox

No cole teñen un club de Cross Country (campo a través). Unha vez ao ano ten lugar en Canadá o día de Terry Fox no que, cunha carreira, recaudan fondos para a investigación do cancro. Se queres coñecer a emotiva historia de Terry clica aquí. A páxina da fundación e esta: https://terryfox.org/
O pasado martes fun cos nenos deste clube s a unha carreira na que participaban sobre 20 coles: